mércores, 29 de decembro de 2021

POSTAL NADAL 2021

Nos días previos ás vacacións de Nadal convocouse un concurso de postais de felicitación. Participaron tódolos alumnos e alumnas de infantil e primaria que os desexaron, que foron a case totalidade do alumnado do curso. Realizouse unha exposición de tarxetas e con algunhas das máis vistosas elaborouse unha a postal coa que o centro felicitou as festas e a chegada do ano novo. Noraboa aos participantes e aos elixidos para representar a todos na postal oficial do cole.

CALENDARIO 2022

Como vén sucedendo cada curso, elaborouse un calendario de sobremesa para o ano que vai comezar, ano 2022. Para a súa elaboración empregáronse imaxes e textos aportados por alumnos e alumnas de diferentes grupos de primaria e de infantil. Agradecemos a alta participación do alumnado e felicitamos a aqueles cuios traballos foron elixidos para a confección do calendario. Quedou así:

Calendario_2022 - Kizoa Movie Maker

xoves, 24 de decembro de 2020

CALENDARIO 2021

Acaba de publicarse o Calendario 2021 do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso. Para a súa confección seleccionáronse debuxos e textos do alumnado creados a tal efecto para cada un dos meses do ano. No seguinte vídeo poden verse as aportacións do alumnado.